Servizos

Psicoloxía

Terapia ocupacional

Animación sociocultural

Centro de día

O Centro de Día GESMEDICAL é un centro privado que nace co obxectivo de ofrecer unha atención integral e individualizada a persoas maiores con algún grado de dependencia física ou psicosocial co fin de mellorar ou manter o seu grado de autonomía; para o que contamos cun equipo de profesionais cualificados en psicoloxía, terapia ocupacional, auxiliar de enfermería ou animación sociocultural, entre outros.

As instalacións contan cunha superficie de 750 metros cadrados e están preparadas para dar servizo a un total de 55 usuarios; dispón dun módulo especial para a atención de 15 maiores que padezan a enfermidade de Alzheimer.

O eixo de todo o que acontece neste centro é fomentar o envellecemento activo, que os usuarios reciban unha atención personalizada e integral para mellorar a súa calidade de vida grazas a un servizo profesional e próximo, e nun espazo no que poden compartir momentos con outras persoas maiores en similares circunstancias, e no que se sintan coma en familia ao tempo que facilitamos que os coidadores dispoñan dun tempo de respiro.

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© GESMEDICAL-DIS S.L. © TecnotelControl, s.l.

Cómo llegar