Centro de día Gesmedical
Centro de día Gesmedical

Sobre Gesmedical-Dis, s.l.

 

 

 

 

 

GESMEDICAL-DIS S.L., empresa fundada no ano 2012, con oficinas na Rúa Ourense nº 25, de O Carballiño, que dá emprego a máis de 45 persoas, das cales máis do 80% son mulleres.

 

A nosa empresa está especializada en prestar servizos asistenciais á terceira idade, buscando sempre diferenciarse do resto no trato cálido e respectuoso cos usuarios dos nosos servizos, as súas familias e a contorna social na que se atopan; fomentando un envellecemento activo que mellore a calidade de vida dos nosos maiores.

 

Dentro do compromiso coa excelencia que caracteriza a nosa empresa, comprobamos que unha das actividades que mellores beneficios aporta aos nosos usuarios son aquelas nas que participan nenos e nenas. Estas actividades interxeneracionais teñen como finalidade fomentar as relacións entre os maiores e os cativos, co ánimo de mellorar e fortalecer os vínculos e o coñecemento mutuo e favorecer ao máximo unha sociedade integradora e cohesiva para tódalas idades.

 

Ademais, a principios do 2016 decidimos ampliar o obxecto social da nosa empresa para incluír tamén o servizo de gardería e coidado e asistencia de nenos en horario diúrno; xunto co de ensinanza de educación infantil e básica, regrada ou non; actividades educativas, de perfeccionamento ou lúdicas destinadas a infancia.

 

Con estes novos servizos, GESMEDICAL pasa así a ofrecer unha conciliación integral para as familias da comarca de O Carballiño e o Ribeiro, na que tanto cativos como maiores poden gozar das instalacións e profesionais que conforman a nosa empresa.

En resumo, os centros e servizos que xestiona GESMEDICAL na actualidade son os seguintes:

  • Residencia Xeriatrica Quercus no Concello de Leiro.
  • Centro de Día Gesmedical no Concello de O Carballiño.
  • Servizo de conciliación da vida familiar e laboral, Bo Día Familia, no Concello de O Carballiño.
  • Servizo de Axuda a Domicilio, no Concello de O Carballiño.
Versión para imprimir | Mapa del sitio
© GESMEDICAL-DIS S.L. © TecnotelControl, s.l.

Cómo llegar