Os nosos programas de terapia ocupacional, teñen unha función terapéutica axudando aos nosos maiores para manter, previr e mellorar as súas funcións e destrezas, co
fin de mellorar a súa calidade de vida e conseguir a máxima independencia posible.
Os accións que se levan a cabo neste departamento son:
- Valorar as habilidades ocupacionais de cada usuario.
- Pautar programas de intervención específicos desta área de maneira individualizada.
- Adestrar, reeducar e establecer modelos de intervención nas diferentes áreas de desempeño que poidan estar afectadas (Actividades da vida diaria, descanso, tempo libre ou participación social),
co fin de previr disfuncións ocupacionais.
- Valorar, asesorar e adestrar o uso de axudas técnicas, que poidan ser necesarias para a correcta realización das actividades da vida diaria.
- Adaptacións da contorna, segundo as necesidades, co fin de mellorar a autonomía do usuario; (prevención de caídas, eliminación de barreiras arquitectónicas,
ergonomía.).